A presente é unha guía para colaborar na recollida de datos para o Proxecto A Guarda Mar de Sal. Se queres estar ao tanto do proceso de recollida de datos, ademais de recibir novidades e actualizacións, podes seguirnos nas nosa contas de Facebook e de Twitter. Se tes calquera dúbida, mándanos unha mensaxe a través da nosa paxina de Facebook. Tamén podes contactarnos a través do noso email: aguardamardesal@aguarda.es.
Para consultar os datos recollidos ata o de agora, podes seguir a nosa páxina de proxecto en Epicollect 5.Para saber como aportar novos datos ao proxecto, sigue lendo!
En que consiste o proxecto de Ciencia Cidadá de A Guarda, Mar de Sal?
O proxecto de Ciencia Cidadá en A Guarda, Mar de Sal, ten como obxectivo facilitar a participación da cidadanía na investigación científica da produción de sal na Antigüidade. É moi sinxelo: mediante unha app para móbil, calquera persoa interesada pode colaborar na recollida de datos en campo, participando na prospeción de novos xacementos arqueolóxicos.
Que tipo de datos se queren recoller coa app?
Queremos recoller datos arqueolóxicos en campo que indiquen a presencia de estruturas antigas de produción de sal. En concreto, estamos a recoller datos de dous tipos:
Salinas rupestres: Trátase de pequenas balsas talladas na rocha, de área variable (xeralmente pequena), de base plana, e rodeadas por un resalte. O resultado é unha balsa cuns poucos centímetros de profundidade. Empregábanse para obter sal da auga do mar por evaporación, a auga era embalsada nas salinas (de aí que teñan fondo plano e un pequeno resalte para evitar que desborde), e despois da súa evaporación recollíase o sal. Adoitan aparecer agrupadas directamente escavadas na rocha, pero tamén exentas en rochas cortadas por canteiros ou pola acción do mar. Consulta as fotos adxuntas para ter unha referencia do que estamos a buscar!
Nas fotos de arriba temos dous exemplos da aparición en campo de salinas rupestres,talladas e agrupadas en afloramentos na liña de costa.
Arriba, tres fotos de salinas rupestres desprazadas da súa ubicación orixinal, algo bastante común.
Pavimentos de salinas. Os pavimentos de salinas son superficies feitas con lousas de pedra pouco traballada, delimitadas por laxes, e nas que se obtiña o sal por evaporación da auga do mar.
Fotos de pavimentos de salina aparecido en campo. Pode verse como as laxes verticais que delimitan a salina afloran no terreo, formando unha liña (e ás veces unha esquina) que pode ser identificada en campo. Abaixo, foto dunha salina escavada, onde podemos ver as laxes verticais tal e como estaban dispostas de xeito orixinal.
A recollida de datos colaborativa durará varios meses, discurrindo en paralelo a outras accións do proxecto. Unha vez rematada, a equipa científica pechará a recollida de máis datos e pasará a analizar o corpus recollido. Os resultados serán publicados en revistas científicas de referencia, e poderán ser consultados na web de A Guarda, Mar de Sal.
Quen pode colaborar no proxecto?
Calquera pode participar no proxecto: profesores, arqueólogos, escolares, ou afeccionados á historia e arqueoloxía. Para evitar malos usos da app a equipa xestora resérvase o dereito de eliminar entradas na base de datos.
Guía para subir datos
A recollida de datos faise coa app Epicollect 5, que podes descargar tanto para iPhone como para un telefóno con Android. Simplemente busca o nome e aparecerá co logo indicado nesta imaxe. Non a confundas con Epicollect+, que é unha versión anterior. Instala Epicollect5!
PASOS PARA INSTALAR A APP
Instala Epicollect5! 1 Unha vez localizada, descarga e instala a app. 2 Abre a app, verás unha pantalla que pon “Proyectos”. 3 Fai click en “Añadir Proyecto” e introduce no buscador o nome “A guarda mar de sal”. Aparecerá como resultado o noso proxecto, tal e como se indica na páxina. Dalle a click no icono, e instalarás o proxecto na túa app de Epicollect. 4 Agora, na pantalla de proxectos, debería aparecer xa "A Guarda Mar de Sal". Fai click nel para entrar. 5 Uhha vez dentro do proxecto, veras a pantalla para engadir entradas. Podes empezar clickando en “Añadir Entrada”. 6 O sistema pedirá acceso ó uso do GPS. Tes que aceptar para que funcione correctamente. 7 Verás na seguinte páxina un link á estas instrucións. Podes darlle a Próx para seguir. 8 Apacerán varias pantallas onde encher os datos do elemento arqueolóxico a documentar. Tes que encher cada campo e darlle ó botón de “Prox” para avanzar: A) Nome do lugar: Trata de encher a información do xeito mais detallado. Se non coñeces os datos, non te preocupes. Pon algo aproximado, o GPS fará o resto! 9 Selecciona pavimento de salina, ou salina rupestre. Emprega as fotos que aportamos mais arriba como referencia. Tamén podes marcar “Outro”, se queres subir un elemento relacionado cos anteriores do que tes dudas sobre a súa tipoloxía. 11 C) Tipoloxía dos restos Eiquí podes aportar as fotos que fixeches dos restos. Consulta a Guía para facer fotos un pouco mais abaixo. 12 D) Fotografía dos restos atopados: Precisamos o teu nome para identificar os colaboradores con mais e mellores aportacións. Non ten porque ser o teu nome real, se non queres. 13 D) Nome do colaborador que localiza os restos 14 D) Data de subida de datos 15 Unha vez que teñas rematado de encher a ficha, podes guardar a entrada 16 Unha vez gardada, verás a identificación da entrada (unha cadea alfanumérica longa), e a opción de “Sincronizar ahora”. Isto significa que podes mandar os datos gardados no teléfono á base de datos do proxecto. É moi importante que fagas isto, do contrario, os datos quedarán no teu teléfono e non estarán dispoñibles para os investigadores! Un truco para aforrar datos é recoller todas as entradas que poidas e sincronizar dende casa, cunha conexión a Internet de millor calidade (como unha conexión a Wifi). 17 Se abres o Menú da dereita, poderás ver as opcións que tes para xestionar as túas entradas: podes subilas ó noso servidor (isto é o mesmo que sincronizalas),podes descargalas, borrar entradas debaixa calidade, e mesmo podes desincronizalas, eliminándoas da base de datos dos investigadores.
Para calquera dúbida sobre como colaborar no proxecto, podes contactarnos a través do noso Facebook.
Podo subir outros elementos que considere interesantes?
O sistema só acepta subir salinas rupestres ou pavimentos de salinas. Sen embargo, se identificas algún elemento que poida estar relacionado cos anteriores, podes subilo tamén, marcando en tipoloxía a casilla “Outro”.
Guía para tomar fotos
As fotos tomadas deben servir para examinar con detalle o elemento localizado por parte dos investigadores, validando que efectivamente é un resto arqueolóxico. Para iso, as fotos deben:
Ter un encadre axeitado. Se estás a documentar unha salina rupestre, o ideal é tomar unha foto de toda a pedra onde está a salina.
Ter unha referencia de tamaño. Podes colocar ao lado do elemento arqueolóxico un obxecto cotía (unha billetera, outro móbil, un boli) que sirva para valorar de xeito aproximado o tamaño do elemento dende a propia foto. O ideal sería que colocases unha regra ou outro obxecto con marcas de lonxitude.
Procurar evitar as sombras. As formas do elemento fotografado deben ser nítidas para poder apreciar a súa forma. Evita na medida do posible as sombras que poidan difuminar os límites na foto.
Saca tantas fotos como queiras. Nalgúns casos, pode ser boa idea sacar varias fotos, con encadres distintos e dende distintas direccións, para ilustrar o elemento atopado o mellor posible.
Recorda, cantos máis detalles poidas fotografar muito mellor. Non te cortes subindo fotos!
Exemplos de imaxes ben tomadas
Exemplos de foto ben tomadas, cunha referencia de tamaño usando un metro, e evitando na medida do posible unha foto sombreada, que permite ver o resalte que delimita a superficie da salina.
Exemplo de imaxe mal tomada
Exemplo de foto mal tomada. Aínda que ten unha referencia de tamaño (un paletín), as sombras impiden ver con claridade o resalte da salina na rocha.
Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para recopilar información que ayuda a optimizar su visita. No se utilizarán las cookies para recoger información de carácter personal. Usted puede permitir su uso o rechazarlo, también puede cambiar su configuración siempre que lo desee.
Encontrará más información en nuestra Política de Cookies.Aceptar cookiesModificar su configuración